domingo, 17 de junio de 2018

Desapego

É o desapego, unha cualidade psíquica que permite, entre outras cousas, alonxarse de actitudes e conductas destructivas ou tóxicas no eido persoal ou relacional. Ainda que poida semellar paradóxico, podemos chegar a ser tóxicxs para nós mesmxs, no contexto da neurose psíquica, esa que fai que interpretemos a nosa realidade dun xeito errático. Para axudarnos a soportar esa desadaptación, botamos man de sustancias tóxicas coma as drogas (legáis -psicofármacos- ou non), alcol ou ben de costumes coma o tabaquismo ou consumindo alimentos que sabemos perfectamente que non son bos para nós na súa calidade ou cantidade.

Tamén intoxicámonos na compaña de persoas tóxicas, esas que deixan mal corpo estando con elas, case que sen enerxía. Esas que fan que a convivencia, depare un notábel empeoramento da nosa calidade de vida. Persoas que empregan a vinculación con nós, para satisfacer a súa insatisfacción, para proxectar as súas frustracións, para drenar os seus agravios persoais, laiándose de xeito permanente.

Tamén intoxicámonos cos espazos que habitamos, lugares caóticos que reflicten o noso desorden psíquico, ou ben, espazos saturados de cousas que acumulamos crendoas necesarias, e impedindo con elo que gocemos paradóxicamente do noso propio espazo, como faríamos coa amplitude e apertura dunha praia ou dun prado.

Igualmente, intoxicámonos co tempo, consumido con présa que deixa a súa pegada en forma de estrés. Os horarios, que en principio deberan servir para ordenar e armonizar o noso tempo, os empregamos tal cal facémolo cos espazos, para sobrecargalos con traballos, compromisos e actividades, seica para sentir que facemos das nosas vidas algo de proveito, no medio da paranoia colectiva de ser productivxs para que outrxs consuman. Esa sobrecarga, impide que gocemos -coma dos espazos ceibes- da nosa liberdade, da nosa soidade, sen tempos nin pasatempos nin obrigas. Só canda poidamos apertar ese tempo persoal sen présas nin medos, seremos donxs do noso tempo, e digo máis, seremos o noso tempo.

Intoxicámonos con ruido, co colectivo pero principalmente co noso ruido persoal, un ruido mental incansábel, que agochamos con máis ruido que producimos e que tamén consumimos, para non escoitarnos. Ese que puntualmente achégase pola noite ó deitarnos, canda é o silencio quen o revela. Un silencio revelador e tamén necesario. Precisamos curas de silencio, para escoitarnos sen berrar, para comprendernos sen xuzgar e aceptarnos sen rexeitar os nosos monólogos mentáis, antes de ser quen de silencialos a través da meditación, unha aprendizaxe necesaria para observar e escoitar e tomar conciencia que nada diso somos nós.


 No traballo co desapego aparece unha vía recoñecible para a nosa saúde. Permite deixar atrás o sobrante, o que xa non representa aquilo que somos, o que xa non aporta nada máis que insatisfacción, e que resulta polo tanto, tóxico. E coma todo o tóxico, ten o seu "enganche" en nós. Por iso, non é doado o desapego. Por iso, trabállase para que sexa posíbel deixar atrás hábitos nocivos, xestionar persoas nocivas, trocar espazos e tempos nocivos para aspirar ao benestar e a calma que, as veces, nin percibimos como urxentes na nosa vida. Actuamos coma "ionkis" da nosa vida tóxica, de aquelas sustancias, alimentos, persoas, obxetos de consumo, espazos e tempos que resultan tóxicos. E non nacemos "ionkis", facémonos. E como todo o que se fai, pode desfacerse; como todo o que se destrue, pode construirse. Podemos recuperar a saúde desgastada, a calma perdida o benestar esquecido. Podemos, basta necesitalo; sentir a urxencia de facelo ou ter a coraxe de pedir axuda se non somos quen de facelo por nós mesmxs. Desapego implica independencia, autonomía, empoderamento. E debemos empoderar a nosa vida, deixando de ser dependentes de calqueira persoa, situación e cousa que resulte tóxica para nós. Doentes non facemos ben a ninguén, por contra, compartimos o peor de nós. Porqué?. Parte da resposta é outra pregunta: para qué? A outra parte da resposta é o motivo do noso traballo: para desapegarse.

No hay comentarios: